quinta-feira, 19 de agosto de 2010

Cerco ós incendiarios


Ingresa no cárcere de Teixeiro o presunto autor do lume de Teo, e hoxe declarará en Ribeira o arrestado pola implicación no de Boiro, que calcinou
As forzas da orde e as autoridades xudiciais afirman que serán implacables cos que lle prendan lume ó monte, e onte, nunha xornada na que as lapas deron unha tregua coa axuda da chuvia, decretouse o ingreso en prisión do sospeitoso de provocar un incendio forestal no municipio coruñés de Teo. O home, de 63 anos, ingresou en prisión preventiva no cárcere de Teixeiro despois de declarar nos xulgados de Fontiñas á espera de que se celebre o xuízo, xa que os responsables xudiciais consideran que hai indicios suficientes de que pode ser o autor do lume.
O detido responde ás iniciais A.N.S., é orixinario de Val do Dubra e está acusado dun incendio forestal en Santa María de Lucín, no municipio coruñés de Teo, que queimou unhas 26 hectáreas de monte e afectou as proximidades de vivendas, ata o punto de que as autoridades expuxeron a posibilidade de desaloxar algúns residentes.

Sem comentários:

Enviar um comentário