quinta-feira, 19 de agosto de 2010

Á procura da terceira persoa implicada no butrón da Cañiza

A Garda Civil e a Policía continúan "tirando do fio" para a captura dunha terceira persoa que "desconfían" pode estar implicada no atraco frustrado á sucursal de Caixa Galicia que tivo lugar no municipio pontevedrés da Cañiza pouco despois das seis e media da madrugada do martes. Sospéitase quen é esa terceira persoa, pero cómpre tempo e discreción", apuntan os que coñecen a investigación do suceso, tras o que foron capturados dous vellos coñecidos das Forzas de Seguridade do Estado cun amplo historial delituoso ás súas costas: os vigueses José Vilar Casal e José Ángel Martíns Mendoza. "Caeron dous e espérase que poida caer algún máis dese grupo organizado", apostilaron.

Sem comentários:

Enviar um comentário